Quen somos > Misión, visión e valores

Misión, visión e valores

A NOSA MISIÓN

DOA ten como misión a millora da calidade de vida das Persoas con Problemas de Saúde Mental e das súas Familias, a defensa dos seus dereitos e a representación dos seus asociados.

 

A NOSA VISIÓN

DOA quere consolidarse como unha organización de referencia a nivel autonómico no ámbito da Saúde Mental, traballando en torno a un modelo de atención de base comunitaria e xerando mecanismos de normalización.

Polo tanto, recoñécese coma unha entidade de acollida, apoio, autoaxuda, de atención e de representación das Persoas con Problemas de Saúde Mental e as súas Familias, que proxecta interna e externamente un discurso normalizador da doenza mental.

 

OS NOSOS VALORES

Os distintos valores que se esixen en calqueira sociedade ou grupo de individuos son moito máis importantes no noso caso, xa que si queremos esixir que se respete e se integre ás persoas con problemas de saúde mental, debemos ser os primeiros en dar exemplo no respeto e integración ó resto de sectores da sociedade.

Por otra banda, os valores deberán ser as guías da nosa acción cotidiana como organización.

Valores Orientados Ás Persoas

  • XUSTIZA - DOA defende os  dereitos das Persoas con Problemas de Saúde Mental e as súas Familias. DOA esixe as condicións adecuadas para o exercicio pleno dos dereitos, recoñecendo de xeito diferente necesidades e expectativas diferentes, dende o respeto e a defensa da individualidade.
  • SOLIDARIDADE - DOA traballa polo ben común dos seus grupos de interese e promove o apoio e aprendizaxe mutuo. Para elo pon a disposición dos grupos de interés a súa información, coñecemento, as súas formas de facer e os seus logros, de xeito qeu poidan ser útiles e proveitosos para persoas e entidades.
  • AUTODETERMINACIÓN - DOA promove a capacidade das persoas para decidir sobre a súa vida, promovendo a máxima autonomía e capacidade propia individual.

Valores Centrados Na Organización

  • UNIVERSALIDADE - DOA promove unha actitude aberta a todas as persoas e entidades que conforman o entorno da saúde mental.
  • EQUIDADE - DOA entende a equidade coma principio regulador que defende a equiparación da saúde mental e as súas consecuencias, para así superar a discriminación e o estigma.
  • PARTICIPACIÓN - DOA promove a colaboración de todos os seus grupos de interés para el cumplimento da súa misión y visión, promovendo accións e actitudes que garantan a participación.
  • EFICACIA - DOA manifesta o seu compromiso coa súa misión, tratando de xerar todos os recursos necesarios para elo, á vez que se asegura a maior eficiencia no uso destes recursos.
  • LIDERADO - DOA asume ser portavoz e representante das persoas con problemas de saúde mental na súa área de actuación, o que supón lograr canles de participación, comunicación e achegamento ás entidades públicas e privadas.

Valores Orientados Á Sociedade

  • TRANSPARENCIA - DOA asegura unha completa información clara e veraz en todas as súas actuacións internas e externas.
  • DEMOCRACIA - En DOA a toma de decisións prodúcese mediante o diálogo e o consenso, coma estratexia preferida sobre a votación. Neste senso, DOA ten un funcionamiento e actitude democrática.
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir