Formación

Formación
En DOA. Saúde Mental formamos a futuros profesionais.

Desde - Hasta: 01/01/2010 - Actualmente

Dende DOA, Saúde Mental cremos que para ofrecer a mellor atención hai que garantir dúas cousas: que os profesionais que traballan en rehabilitación psicosocial estean formados correctamente e que sigamos actualizando os nosos coñecementos día a día. 

É responsabilidade dos ámbitos profesionais dar continuidade á formación académica para poder contar con profesionais expertos na nosa disciplina e po iso é que a nosa entidade oferta periodos formativos ós estudiantes de diferentes niveis educativos.

Por outro banda, dentro da nosa RECURSOS HUMÁNS, tratamos de fomentar a formación do noso persoal facilitando o acceso a esta en calqueira intre, non so mediante a posta en marcha de diferentes accións formativas senón tamén ofrecendo facilidades de acceso á formación (económicas e temporais)


Obxectivos

  1. Formar profesionais no ámbito da rehabilitación psicosocial.
  2. Fomentar as boas prácticas dende o inicio da carreira profesional.
  3. Desenvolver o interés por esta área nos/as futuros/as profesionais.
  4. Proporcionar formación continuada ós/ás profesionais da entidade.

Programas


Participamos anualmente como entidade colaboradora coas diferentes entidades formativas:

  1. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO E UNED - Prácticum de  Licenciatura e o Grao da carreira de  Psicoloxía e  prácticas polo Consello Social da Universidade.
  2. Estudiantes de Terceiro Ciclo do Máster de "Psicoloxía Xeral Sanitaria" da USC.
  3. IES SAN XOSÉ DA GUÍA  e IES CHAPELA - Prácticas do Ciclo de Integración Social e Atención á Dependencia.
  4. Plan de  Formación Interno. Realizado cada ano en base ás necesidades formativas detectadas e en coherencia coas competencias establecidas para cada profesional no seu perfil.