Que facemos >  

Que facemos

Programa de Intervención Precoz en Psicose (PIPPs)

  • Programa universal e gratuito financiado polo SERGAS e orientado á atención a persoas mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos.
  • Dende - Ata: 01/01/2018 - Actualmente

Programa finaciado polo:

 

A importancia das intervencións temperás en psicosise (esquizofrenia, trastorno bipolar, outros cadros psicóticos) fundaméntase no feito (constatado empíricamente) de que os pacientes que non recibiran un tratamento rápido ou unha intervención temperá, e nos que o comezo deste se demorara uns anosdende que a persoa tivo os seus primeiros síntomas psicóticos, tiñan unha resposta ó tratamento peor que aqueles que puideron comezar o seu tratamento antes. Isto amosa que a intervención temperá nestes pacientes presenta unha serie de importantes ventaxas, posto que supón unha diminución do custe social, económico e persoal asociado.

O programa de atención temperá vai dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos de idade que se atopan no período crítico de ata un máximo de 5 anos tras o inicio da psicose. A principal finalidade é dotalas dos coñecementos axeitados e habilidades necesarias para enfrontar os problemas relacionados coa patoloxía e a outros problemas vitais ós que teñan que facer fronte ó longo sa súa vida, todo elo do xeito máis autónomo posible.

 

Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 1