COMITÉ EN PRIMEIRA PERSOA

¿CÓMO NACE?

A participación é un dereito humán fundamental e a súa garantía, un paso inaplazable. A atención á saúde mental evolucionou e afianzouse no recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade. Resulta agora ineludible polo tanto, no marco do modelo comunitario, afrontar a recuperación das persoas con problemas de saúde mental dende o prisma da garantía dos seus dereitos, entre os que se atopa o da participación.

Históricamente as persoas con Enfermidade Mental foron rexeitadas deste dereito situándoas a sociedade, e incluso os profesionais implicados no seu tratamento, no seu rol de enfermos sen capacidade de toma de decisións, acatadores silentes de normas y pautas.

Dende DOA detectamos a necesidade de promover o empoderamento como elemento indispensable na integración social das persoas con enfermidade mental. “Nada sobre nós sin nós”

Por EMPODERAMENTO entendemos, o grao de elección, influencia e control que os usuarios dos servicios de saúde mental poden exercer sobre os acontecimentos que suceden nas súas vidas. Está demostrado que a falla de influencia e control ten efectos negativos na nosa saúde.

Así, tras varios meses de traballo, en novembro de 2014 constitúese o Comité de Persoas Atendidas de DOA. Saúde Mental composto por 28 membros dos dous centros da Asociación.


¿PARA QUÉ SIRVE O COMITÉ?


EMPODERAMENTO:
• Debatir e decidir en relación coa enfermidade mental, cuestións normativas e lexislativas, cuestións de leis adecuadas ou inadecuadas.
• Estudiar e debatir asuntos de interese no ámbito das enfermidades mentais có fin de acadar solucións, presentar proxectos ou fixar posturas ó respecto.
• Elaborar unha axenda de reivindicacións e estratexias.
• Propoñer medidas a tomar ante os plans de actuación en Salúde Mental.


PARTICIPACIÓN
• Apoiar e asesorar á Asociación e ós seus órganos de goberno.
• Designar ós seus representantes nó Comité de Persoas con Enfermidade Mental de FEAFES GALICIA.
• O Comité de Persoas con Enfermidade Mental elevará á Xunta Directiva aquelas decisións que se tomen no seu seo.
• Formar parte da bolsa de portavoces de FEAFES Galicia
• Promover a comunicación entre a federación e as asociacións.


DIVULGACIÓN:  
• Potenciar exemplos de boas prácticas e experiencias interesantes mediante a transmisión das súas propias vivencias.   
•  Potenciar a inserción laboral das persoas con enfermidade mental. 
• Captación de membros para o asociacionismo das persoas con enfermidade mental.   
• Loitar contra o estigma: idear, colaborar e participar en campañas de sensibilización nas as persoas con enfermidade mental sean as protagonistas.


 

      Imprimir