Esquizofrenia

É unha enfermidade mental grave que afecta ó 1% da poboación e que interfire no xeito de percibir, pensar, comportarse e sentir da persoa.

Forma parte dun grupo de patoloxías cuxo síntoma principal á a perda de contacto coa realidade.

Hay diferentes tipos de esquizofrenia (residual, hebefrénica, simple,...) e a máis común nos nosos centros á a Esquizofrenia Paranoide.

¿CÁLES SON OS SEUS SÍNTOMAS?

Os síntomas relacionados có noso xeito de percibir a realidade son as alucinacións. Estas poden ser de tantos tipos coma sentidos temos: auditivas (as máis usuais), visuais, olfativas, táctiles e gustativas. Por exemplo, escoitar que alguén te chame sin que exista voz algunha, é unha alucinación auditiva.

Tamén o pensamento vese afectado facendo interpretacións da realidade distintas e facendo que a persoa crea firmemente neste pensamento. Un exemplo é interpretar que algo que din na televisión á unha mensaxe para tí e crer esto ó 100%. É o que chamamos delirios. Estes poden ser de diferentes tipos: de grandeza, de referencia, de persecución,celotípicos,etc.

Pero ás persoas con esquizofrenia no só lle empezan a acontecer cousas que antes no lle pasaban, tamén ven como partes da súa persoa, como a motivación, a capacidade de gozar das cousas, a iniciativa, o seu xeito de sentir, etc vense afectadas causando isto unha gran dificultade na persoa para levar o seu día a día.

Os síntomas que se lle suman á persona coñecémolos como síntomas positivos e os que se “restan” ou desaparecen, negativos.


¿QUÉ CAUSA A ESQUIZOFRENIA? Non se coñecen as causas exactas qué provocan a esquizofrenia, pero as investigacións indican que existen factores que afectan: dende os nosos xenes ata os nosos hábitos e ambiente.
Sabemos deste xeito que hai factores que nos predispoñen a padecela (xenética, problemas no embarazo, traumatismos cerebrais na infancia, etc), outros que fan que se precipite ou xurda (uso de drogas, situacións vitais estresantes) e outros que fan que esta se manteña (drogas, estrés)


¿QUÉN PODE PADECELA? No hai diferenzas entre homes e mulleres no risco de padecela ainda que si se ven diferencias na idade de inicio (entre os 15 e os 30 anos nos homes e entre os 25 e os 35 anos nas mulleres)
 

¿CÓMO COMEZA E CÁL É A SÚA EVOLUCIÓN? Non existe un patrón único de inicio puidendo comezar máis lentamente (insidioso) ou de xeito máis repentino e abrupto.

A evolución varía de persoa a persoa pidendo darse patróns distintos.

¿Máis información? Visita Esquizofrenia 24x7.

 

 

      Imprimir