Axenda de actividades

#Di_Capacitados: ¿Y SI TE DIJERAN QUE PUEDES?

17/04/2018 - | Vigo

O 17 de abril de 2018, ás 13:00 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro, DOA Saúde Mental, organiza a proyección do documental #Di_Capacitados: ¿Y SI TE DIJERAN QUE PUEDES?.

Os continuos avances na atención psiquiátrica que tivemos durante os derradeiros anos, permitiron que as personas con esquizofrenia deste siglo poidan ter máis posibilidades para ter unha vida máis centrada nas súas preferencias, e seren capaces de desenroalr o seu proxecto vital.

Os obxectivos desta xornada son, por en valor a importancia que ten o traballar centrados no proxecto de vida das persoas, establecer un novo paradigma ónde o asistencial e o social se xunten para acompañar e axudar a persoa a acadar o seu proxecto e demostrar á fin que, si se cree neles e se lles acompaña, é posible que acaden o obxectivo que se propoñan.

Un grupo de prestixiosos Alpinistas liderados por Sebastián Álvaro, creador do programa de televisión "Al Filo de lo Imposible", tomaron o reto de amosar que si a un grupo de persoas con esquizofrenia se lles plantexa un reto que lles ilusiona, se lles entrea e se lles acompaña, eles serán capaces de acadalo.

O reto que se lles plantexou era escalar o Naranjo de Bulnes, unha montaña emblemática do Alpinismo Español, que é o paradigma da inaccesibilidade. Unha montaña que ten unha parede vertical de 500 metros e que soamente se pode subir có propio esforzo de cada un. Ó comezo un reto Imposible.

Queremos dar a coñecer todo o proceso narrado polo propio Sebastián Álvaro, acompañado das imaxes do documental, así como coñecer en directo algunhas das persoas con esquizofrenia que participaron NO DEVANDITO PROXECTO. Todo o proceso foi grabado para a creación do documental "Di_Capacitados: ¿Y SI TE DIJERAN QUE PUEDES?, que foi impulsado por Janssen en colaboración con AVIFES e realizado por Javier Álvaro de Salomba Ventures.

 

Lugar de celebración:

Hospital ÁLVARO CUNQUEIRO

Arquivada en: