Glosario de DOA

ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA: son un conxunto de tareas ou condutas que todos e todas realizamos cada día encamiñadas a cuidar a nosa hixiene, a nosa alimentación,... é dicir, a vivir de xeito autónomo, integrados/as no entorno. Estas teñen diferentes graos de complexidade indo dende as que fan referencia ó noso propio coidado (básicas) , aquelas que implican o coidado do entorno (instrumentais) e as que nos permiten unha maior participación e realización como persoas (avanzadas)

ESTIGMA: "É un atributo profundamente desacreditador, é dicir, unha particularidade que causa en quen a posúe unha ampla desvalorización e/ou descrédito, xa que a devandita característica ou rasgo é considerada na conciencia social como un estereotipo negativo hacia quen o posúe"  (López, Laviana, Fernádez, López, Rodríguez y Aparicio, 2008)
"O estigma, máis alá da significación estricta da palabra, é un fenómeno social complexo que inclúe actitudes sociais con compoñentes cognitivos, emocionais y conductuais, referidos á poboación xeral e os seus distintos sectores, pero tamén, baixo a forma de “autoestigma”,  ás persoas con trastornos mentais graves. Pero que inclúe tamén discriminacións efectivas con base estructural e que, en conxunto, dificulta extraordinariamente a vida das devanditas persoas, especialmente en sectores como o do emprego..." Marcelino López Álvarez. Director de programas, evaluación e investigación. Fundación Andaluza para a Integración Social do Enfermo Mental (FAISEM).

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN: periodo de 30 días naturais nos cales a persoa se familiariza có centro de rehabilitación e se evalúa o seu estado establecéndose a liña base sobre a que se intervirá dentro deste programa de rehabilitación.


PLAN INDIVIDUALIZADO DE REHABILITACIÓN: Iste documento, ó que familiarmente chamamos PIR, á a nosa folla de ruta nas intervencións coas personas que atendemos.
Nel reflexamos aquelas necesidades que detectamos mediante unha evaluación levada a cabo por diferentes profesionais. De aí partimos para dibuxar un camiño definido por uns obxectivos concretos que pretendemos acadar durante a vixencia deste documento (normalmente 1 ANO), as estratexias que imos utilizar para acadalos e as actividades que imos a implementar. É dicir márcanos ÓNDE IMOS, QUÉ TEMOS QUE FACER PARA CHEGAR ALÍ e EN QUÉ IMOS.
Iste programa é INDIVIDUALIZADO, pensado para cada persoa tendo en conta a TODA A PERSOA: o seu benestar psicolóxico, o seu rol social, as súas capacidades no ámbito laboral, do ocio e en tódalas actividades da vida diaria.


PSICOEDUCACIÓN: Educación e/ou información que se ofrece a unha persoa que padece unha enfermidade (de calqueira tipo pero neste caso, mental) directa ou colateralmente có fin de mellorar o seu manexo, aceptación e convivencia coa mesma. Partimos de que canta máis información se ten sobre unha enfermidade menores son os prexuicios, axuda a previr recaídas, alivia a carga emocional, mellora a adherencia ó tratamento e en xeral axuda a manterse estable.

REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL: “É o proceso de capacitar a unha persoa impedida para renovar habilidades antiguas ou adquirir outras novas que lle cualifiquen para adaptarse nunha sociedade ata o grao óptimo que permitan a súa afección e circunstancias particulares. O aspecto crucial do compoñente de la rehabilitación da asistencia sanitaria consiste en captar as reservas e forzas de cada individuo no seu entorno psicosocial específico para unha vida máis plena, pese á pérda sufrida durante a evolución dunha enfermidade. O proceso de rehabilitación psiquiátrica non trata tanto de restituir, senón de axudar ó enfermo a convivir e acadar un estatus dentro da sociedade ó minimizar as deficiencias individuais e rentabilizar as súas funcións residuais. Implica tanto a mellora das competencias individuais como a introducción de cambios ambientais. A rehabilitación psicosocial é un proceso global, no é soamente una técnica."
Revista “Rehabilitación Psicosocial” Vol. 1 Nº 1. ISSN: 1696-9936 y  Sharma S. Psychiatric rehabilitation in psychiatry in Primary Health Care. Ranchi: C.I.P. 1986; p.119-21.


SERVICIO: programa diseñado para acompañar á persoa na recuperación do seu nivel de funcionamento optimizando as súas capacidades e reducindo ó máximo limitacións.


VALORACIÓN en DOA: estimación das capacidades preservadas e aquelas áreas de dificultade que presenta unha persoa así como as expectativas desta en relación coa súa vida e proceso de recuperación. Levada a cabo por un profesional da saúde mental na área da súa competencia (psicolóxica, desempeño ocupacional, apoio social, funcionamento laboral)

      Imprimir