A continuación presentámosche as actividades vixentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder a todas elas ou o buscador se o que queres é localizar actividades que cumpran uns criterios específicos.

19/05/2016 - | Vigo

II Xornadas CIIES: Saúde Mental e Persoas sen Fogar

O vindeiro 19 de maio, o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo organiza as súas II Xornadas do CIIES baixo o título  “Saúde Mental e persoas sen fogar”. O encontro celebrarase no Auditorio Municipal do Concello de Vigo de 9h a 15h.
 
Tras a apertura, que correrá da man do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a traballadora social do CIIES, Andrea Velasco, pasará a introducir este organismo.  A continuación, sucederanse unha serie de profesionais que analizarán e debaterán sobre a situación das persoas con problemas de saúde mental que se atopan na rúa. Entre eles, intervirá a Directora Técnica da asociación Doa de saúde mental, Estrela Gómez.
 
O acto será clausurado pola conselleira de Benestar Social, Igualdade e Normalización lingüística, Isaura Abelairas. A participación nestas xornadas está aberta a calquera persoa interesada e é preciso inscribirse previamente a través do email maria.martinez@grupo5.net.

Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Vigo

O CIIES é un centro de atención integral do Concello de Vigo que persegue, ademais de dar cobertura a servizos básicos, realizar unha intervención social que permita ás persoas atendidas aumentar a súa calidade de vida e procurar contextos que faciliten a inserción sociolaboral. Igualmente, aténdense situacións puntuais de emerxencia social que ocorran na cidade de Vigo.
 
O Centro conta cun servizo de unidade de rúa que atende a persoas sen fogar no lugar onde se atopan no municipio e cun piso fora do propio centro, situado nunha comunidade de veciños, como recurso de inserción.
- See more at: http://feafesgalicia.org/GL/actividad-detalle/II-Xornadas-CIIES-Saude-Mental-e-Persoas-sen-Fogar#sthash.36O2A1O2.dpuf

 

10/05/2016 - | Cangas

FURAFOLLAS TEATRO sae a escea

"O que a sigue…. A consigue”, dice o refrán. Despois duns anos intentando participar no CERTAME DE TEATRO AFICCIONADO DE CANGAS ¡por fín estamos ahí!

10/10/2015 - | CANGAS

O meu compromiso coa saúde mental

¿Queres coñecer cal é a importancia da saúde mental para o noso benestar?

¿Coñeces quñe é o que pode facer para sentirte mellor?

Consellos prácticas e doados de aplicar no teu día a día para mellorar a túa saúde mental!

Tes coraxe de comprometerte coa túa saúde mental ? I 00:03:21