Axenda de actividades

Xornada 30º Aniversario - 30 anos de compromiso coa saúde mental

19/05/2017 - | Vigo

AFORO COMPLETO

Dentro dos actos de celebración do 30º Aniversario da Asociación DOA, terá lugar esta Xornada coa intención de que distintos profesionais da Saúde Mental poidan aportar as súas experiencias e particulares puntos de vista a varias cuestións relacionadas coa rehabilitación en psicosis.

DESTINATARIOS:
Profesionais do ámbito da Saúde Mental, servizos sociais, mediación social, familiares, persoas afectadas e outros representantes da comunidade con interese pola promoción da saúde, particularmente da Saúde Mental.

AXENDA DA XORNADA:

  • 9:00-9:30  RECEPCIÓN E ACREDITACIÓNS
  • 9:30-10:30 CONFERENCIA "Cognición social, emocións e conciencia de enfermidade"

Javier Tirapu Ustarroz é neuropsicólogo clínico e director científico da Fundación Argibide para a promoción da saúde mental. Impartiu máis de 500 conferencias, relatorios e cursos de divulgación sobre temas de neurociencia. Conta con máis de 220 publicacións e 8 libros relacionados coa Neuropsicoloxía. Tamén é membro dó comité científico e revisor de 10 revistas científicas e director da área de neuropsicoloxía de revista de neuroloxía. É profesor en 14 master sobre neuropsicoloxía e neuroloxía conductual en España e Iberoamérica. Codirector do master sobre neuropsicoloxía da Universidade Pablo de Olavide e do Master sobre trastornos do Espectro Autista. Coautor do documento de consenso sobre adiccións e neurociencia da Sociedade Española de Toxicomanías. Nomeado consultor experto para o plan de demencias da Generalitat de Cataluña. É premio nacional de Neurociencia Clínica outorgado polo Consorcio Nacional de Neuropsicoloxía en 2012. Os seus estudos centráronse na neuropsicoloxía do cortex prefrontal e en aspectos como a intelixencia, a conciencia, as funcións executivas, as emocións e o cerebro social

  • 10:30-11:00 CAFÉ
  • 11:00-11:30 INAUGURACIÓN
  • 11:30-12:15 CONFERENCIA "Tratamento dos primeiros episodios dende una perspectiva da prevención de recaídas"

Miguel Ángel Miguélez Silva, Psiquiatra no Servizo Galego de Saúde (Sergas), na Clínica Arias Bal, Chavea-Fundación Lar e Clínica Ebam.

  • 12:15-13:00 CONFERENCIA "Camiño da Recuperación. Da capacidade á liberdade" As Caras de DOA
  • 13:00-13:30 CLAUSURA

O aforo é limitado, polo que os interesados en asistir poden anotarse remitindo o cuestionario (que se adxunta en pdf) á dirección de correo electrónico gestion@asodoa.org ou por teléfono no 986 483 208.

Lugar de celebración:

Sala de Conferencias - Sede AFUNDACIÓN Vigo

Policarpo Sanz nº 24

Arquivada en: