Sensibilización Social

Sensibilización Social
¿Queres saber máis sobre a saúde mental? Máis información, máis tolerancia, menos estigma!

Desde - Hasta: 15/02/1987 - Actualmente

"A tolerancia adoita agochar a incómoda sensación de asumir que a razón cae da outra banda"

 

En DOA sabemos que o mellor xeito de cambiar ideas e formas de actuar é ofreciendo á poboación en xeral e a certos colectivos en particular (profesionais da saúde, da atención sociosanitaria, medios de comunicación, forzas da orde, etc... ) a posibilidade de saber máis. Saber máis do inxusto das etiquetas, sobre o que hay de certo e de mito nelas, sobre o importante que é destruilas entre todos/as, para crear unha sociedade máis xusta, máis integrada e igualitaria, na que haxa sitio para todos/as e na que as persoas nos sintamos mellor tratadas e máis felices.

É por iso que dende DOA traballamos porque estas falsas crenzas desaparezan,

entendendo a intervención contra o estigma como unha bola máis do colar no tratamento integral e integrador das personas con enfermidade mental.

  • DOA nos CENTROS ESCOLARES.  Charlas en institutos, colexios e outros centros educativos.  Tamén participamos Programa Mentalízate.
  • DOA na RÚA. Campaña de BOA MAN. Participamos xunto con outras entidades de Vigo dando a coñecer os traballos realizados polas persoas que acoden a obradoiros en DOA, mostrando por tanto á sociedade otras facetas, e desmontando os mitos existentes.
  • DOA en FOROS PROFESIONALES / DIVULGATIVOS. Achegámonos  á sociedade xeral e profesional participando en charlas, mesas redondas, grupos de traballo e formacións, dando a coñecer qué é a enfermidade mental, as necesidades das persoas que a padecen, qué facemos dende a nosa entidade, terapias, etc., tratando de dar una visión integral e integradora da saúde mental.
  • DOA o 10 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL. Cada 10 de outubro levamos a cabo actividades divulgativas nas que buscamos, aproveitando esa data, sensibilizar á poboación e aumentar o compromiso da ciudadanía e as Administracións Públicas coa nosa misión.

¿Quéres coñecer as actividades que temos en marcha?