Trastorno Bipolar

O trastorno bipolar é unha enfermidade mental grave, con tendencia a cronificarse, que afecta fundamentalmente ó estado de ánimo da persoa.

As persoas con trastorno bipolar experimentan estados emocionais inusualmente intensos que se producen en períodos distintos chamados "episodios".

¿CÁLES SON OS SEUS SÍNTOMAS?

Un estado excesivo de ledicia ou sobreexcitado coñecido como episodio maníaco e está asociado cun aumento da enerxía e a actividade. É unha característica definitoria dun trastorno bipolar  Durante estes episodios a persoa pode presentar os seguintes síntomas:

  • Excesiva autoestima ou grandiosidade
  • Diminución da necesidade de durmir (p.e. o enfermo síntese descansado con soamente tres horas de sono)
  • A persoa está máis comunicativa do habitual ou presiona para seguir falando
  • Sinte un batiburrillo de ideas ou que as ideas bolen
  • Distráese dirixindo a  atención con facilidade a estímulos externos pouco importantes ou irrelevantes
  • Aumento da actividade destinada a acadar obxectivos (xa sexa no plano social, no traballo ou colexio, ou no plano sexual) ou axitación psicomotriz
  • Excesiva implicación en actividades placenteras pero cunha alta posibilidade de acarrear consecuencias negativas (p.e. compras sin freo, indiscrecións sexuais ou inversións financieiras perxudiciais)

Estes episodios nos que a persoa sinte una ledicia excesiva altérnanse con episodios prolongados de depresión, durante os cales a tristura marca o seu estado de ánimo e esa enerxía desbordante desaparece deixando abatimiento. A persoa síntese dese xeito a maior parte do día, prácticamente tódolos días, refirindo sentirse triste ou baleiro. Podemos ver á persoa chorosa ou no caso dos nenos e adolescentes, poden estar irascibles. Outros síntomas son:

  • Interés ou placer polas actividades antes placenteras diminuida o ausente.
  • Perda de peso significativa sin estar a dieta ou ganancia de peso.
  • Insomnio ou exceso de sono (hipersomnia)
  • Axitación ou enlentecimiento psicomotriz
  • Fatiga ou falta de enerxía 
  • A persona síntese inútil e culpable sen motivo, constantemente.
  • Diminución da capacidade de pensar ou concentrarse ou indecisión 
  • Ideas recurrentes de morte (non soamente medo a morrer), ideas suicidas recurrentes que poden ir acompañadas dun plan concreto ou non.

Tamén pode haber episodios "mixtos", cando a manía e a depresión se producen no mesmo día, con rápidos ciclos da persoa entre os dous estados.

¿QUÉ CAUSA O T. BIPOLAR?

Como na maioría dos trastornos mentales, non podemos subliñar unha causa única e coñecida. 

Claramente a xenética xoga un papel moi relevante (máis das 2/3 partes dos enfermos teñen cando menos un familiar próximo con esta enfermidade ou cunha depresión aguda) pero sabemos tamén que ésta por sí soa non pode explicar por completo quén enferma e quén non.

É posible que o desenvolvemento da enfermidade sea debido a un proceso de sensibilización (activación). A idea suxire que os primeiros episodios da enfermidade son inducidos ou “desencadeados” por un cambio importante ou un acontecemento estresante, pero que cada episodio ocasiona cambios no cerebro que aumentan as posibilidades de que se desencadene o seguinte episodio, o que á fin da lugar a episodios producidos de xeito espontáneo.


¿CÓMO COMEZA E CÁL É A SÚA EVOLUCIÓN?

O trastorno bipolar pode comezar na adolescencia sen que sexa perceptible e debutar (facerse visible) anos máis tarde en forma de fase depresiva ou maníaca.  Normalmente iste primeiro episodio ven precedido dalgún estresante potente como o consumo, unha situación vital estresante.

Detéctase, como noutros trastornos do estado de ánimo, en algunhas persoas certo patrón estacional. En primaveira e outuno con máis presencia de episodios depresivos, e maníacos en verán.

O incumplimento terapéutico, o consumo de tóxicos, a falta de apoios e as recaídas múltiples son índice de mal pronóstico.

O T.B. conta cunha tasa de suicidio do 10-15% naquelas persoas non tratadas. Para que iste risco baixe e a evolución sexa favorable, é básico:

  • O non consumo de toxicos.
  • A adherencia ó tratamento. No soamente é necesario tomar fármacos, ¡a psicoterapia é fundamental!
  • Ter uns horarios de sono regulares e horarios/actividades estruturadas.
  • Saber detectar os síntomas previos a unha crise (pródromos) e
  • cumprir cos seguementos do/a teu/túa psiquiatra e psicólogo/a.

¿QUÉN PODE PADECELO?


O trastorno bipolar afecta a máis de 30 millóns de persoas en todo o mundo e está as 20 causas principais de discapacidade.

Ata o 2% dos europeos ten un trastorno bipolar nalgún momento da súa vida, dos cales o 50% aproximadamente desenvolverá o trastorno bipolar.

Non existe diferencia de prevalencia por cuestións de sexo, raza ou clase social. O risco de desenvolver un trastorno bipolar é maior en los adultos mozos, coa metade de tódolos casos.

Recomendámoste a lectura de " Mi cabeza me hace trampas: Historia de un trastorno bipolar" de Carlos Mañas. Un relato en primeira persona.

 

      Imprimir